Retomamos esta actividade con novos talleres onde a intelixencia artificial ten un protagonismo moito maior. Podedes ver as novidades no enderezo web do CITIUS e mais no novo blog.
Nesta ocasión agradecémoslles ao CITIUS e mais á Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) o soporte que nos prestaron para realizar esta actividade.